lunes, 19 de enero de 2026

Cronica

Outro domingo mais os de Paso miúdo volvemos axuntarnos para facer a nosa ruta habitual de cada mes, este vez outra vez dende Xove para facer aa ruta dos muíños.
Comezamos a ruta ao lado do concello e despois de serpear polas calles seguimos un novo trazado que fixo o concello ata Ponte Barxa, ao lado da Depuradora de aguas. A ponte cruza o río Rigueira, que nos guiará por todo o sendeiro. O río nace en San Isidoro do Monte e, tras 14 quilómetros, desemboca na Playa de Lago.
Ao largo do camiño mesturase o paisaxe fluvial con prados para pasto, hortas e árbores frutaís e algunhas aldeas e mulinos. No camiño encontraremos numerosas pontes de pedra e de madeira que comunican ambas beiras, presididas en moitos tramos por alisos de gran porte.
acompáñaos, formando parte de este bosque da ribeira, outros árbores como o carballo, o bedulo, o saduceo, o freixo, o avellan… e fieitos como el fieito real.
Os bosques da ribeira cumpren un papel ecolóxico fundamental na conservación dos ríos, pois regulan a temperatura das augas, especialmente no verán, suxeita as márxenes, impedindo o arrastre nas crecidas, e actúa como un filtro verde purificando as augas que se incorporan as correntes. Ademais ofrece refuxio e alimento a unha diversa fauna da ribeira, ofrécenos distintos aproveitamentos e forman un corredor natural que facilita a dispersión das especies.
O río de A Rigueira e un claro exemplo da abundancia de muíños de auga en Galicia, pois xa no Catastro do Marqués de Ensenada do 1749 aparecen censados máis de 30.000 muíños, o que nos indica a sua importancia social e económica Hoxe en día moitos muíños están abandonados pero algúns veciños recuperaós, como no caso do Muíño de Abad, onde moen o grao y fan pan no seu forno, co fin de rememorar e poñer en valor esta cultura do pan e as súas tradicións.
O último muíño na ruta, e de propiedade municipal, e encontrase na área recreativa de Ponte do Carro.
Hai unha gran tradición popular arredor dos muíños, xa que foron lugares de encontro e diversión, as “muiñadas”, mentres se esperaba a molida do muíño. Unha gran riqueza de nomes do lugar, tradicións, refranes, ditos, cancións... xurdían mentres se esperaba a vez para moer. Incluso o baile más típico de Galicia, a” muiñeira”, ten a sua orixe nestes momentos.
Unha noite no muíño
unha noite non é nada;
unha semaniña enteira,
esa si que é muiñada.
No punto final encontrase la Igrexa parroquial de A Rigueira, do s. XVII onde se celebra a, antigamente concorrida, Romaría do San Antonio O 13 de xuño, a que acudían os romeiros seguindo 8 rutas distintas que confluían nesta igrexa, para pedirlle ao Santo que protexera a os animais domésticos.
E ata aqui a ruta de este mes. Para o seguinte mes iremos ata O Vicedo para facer alí a nosa ruta


Powered by Wikiloc